A Asociación Sociocultural HELETES de Limiñón, trala reunión da súa xunta directiva o día 15 de setembro de 2018, convoca aos seus socios á ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA que se celebrará o domingo 30 de setembro de 2018 no local social de Limiñón, ás 17:30 en primeira convocatoria e ás 18:00 en segunda convocatoria, coa seguinte
ORDE DO DÍA
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior
2. Información sobre as contas das festas de San Salvador e do San Campio
3. Excursión 12 de outubro
4. Presentación de nova redacción de estatutos
5. Rogos e preguntas
Prégase a asistencia e participación dos socios.
En Limiñón, a 15 de setembro de 2018
Paz-Trelles Sánchez, Secretaria