xoves, 23 de novembro de 2017
Encontro Área Metropolitana
O obxetivo deste encontro é dar información sobre a Área Metropolitana, tanto do proceso de constitución como da consulta pública.
Esta é a orde do día deste encontro:
1. Benvida e presentacións
2. Presentacion do alcalde: que é a Área Metropolitana? En que me vai beneficiar? Como podo participar?
3. Preguntas e reflexións da veciñanza
4. Avaliación e peche
A duración prevista é duns 90 minutos.
Para maior inclusión e accesibilidade, as veciñas poderan dispoñer:
·Un equipo técnico que se fará cargo da moderación, velará polo bo clima do debate e ordenará as intervencións.
·Un servizo de conciliación para a atención de menores
·Servizo de interpretación de lingua de signos
xoves, 9 de novembro de 2017
Curso de autodefensa persoal e autocapacidades: prevención de situacións de violencia de xenero
Curso de adestramento físico e psíquico impartido por especialistas en defensa persoal e integrantes da Federación Galega de Loita:
Destinatarias: mulleres
Datas:
·Luns, 20 de novembro en horario de 9:00 a 13:00h
·Venres, 24 de novembro en horario de 16:00 a 20:00h
Lugar: Centro da Terceira Idade San Marcos, Abegondo.
Información e inscrición: servizos sociais municipais ou chamando ao telefono 981647996
As interesadas deberán confirmar a súa inscrición antes do mércores, 15 de Novembro.
Organizan:
·Secretaria Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia
·Concello de Abegondo
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)