luns, 16 de outubro de 2017

Festividade do Samaín


Temos que prender o lume
e nel asar os bullós;
ten que verse ben o fume
para que cheguen onda nós.
Temos que tratalos ben
pois de lonxe veñen vernos;
algún día nós tamén
voltaremos dos avernos.

Lume Nunca Máis


 

Asociación Sociocultural Heletes de Limiñón quere mostar o seu máis profundo pesar polas mortes de Alberto Castromil Sánchez, Angelina Otero, Maximina Iglesias e Marcelino Martínez Fernández, víctimas todas elas dos incendios forestais acontecidos este fin de semana e que arestora seguen arrasando os montes de Galicia.

Ante a grave falta de medidas politicas e o terrorismo medioambiental que está a sufrir o país, facemos unha chamada as nosas veciñas para acudir as concentracións convocadas para hoxe día luns, 16 de outubro as 20:00h en todas as cidades e vilas de Galicia baixo o lema "Lume Nunca Máis"