venres, 16 de agosto de 2019

San Campio 2019 😇🥳


Participa con nos desta romería na honra a San Campio.

Haberá música en vivo, lacón con patacas e viño para celebrar.

Podedes apuntarvos na igrexa ou no local social.

Non faltes!!


venres, 5 de xullo de 2019


 

Celebramos as festas patronais na honra á San Salvador en Limiñón!!!

4 días de festa que están sendo apoiados pola totalidade da veciñanza, á que somentes podemos agradecer.

Haberá disco mobil, xogos infantís tradicionais con merenda, gran churrascada, festa da cervexa e moitas outras cousas.

Agardámoste!!!

sábado, 19 de xaneiro de 2019

Asemblea Xeral Ordinaria 2019

 A Asociación Sociocultural HELETES de Limiñón, trala reunión da súa xunta directiva o día 19 de xaneiro de 2019, convoca aos seus socios á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que se celebrará o domingo 24 de febreiro de 2019 no local social de
Limiñón, ás 11:30 en primeira convocatoria e ás 12:00 en segunda convocatoria, coa seguinte

ORDE DO DÍA

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior
2. Lectura e aprobación, se procede, das contas do ano 2018
3. Información sobre actividades/xestións
4. Renovación da xunta directiva
5. Rogos e preguntas

Prégase a asistencia e participación dos socios.
En Limiñón, a 10 de febreiro de 2019

A secretaria

domingo, 14 de outubro de 2018

Samaín 2018 👻💀

 


Achégate ós veciños nesta celebración, haberá castañas, haberá tradición mais por sobretodo, ganas de pasalo ben.


Agardámoste!!

venres, 14 de setembro de 2018

Asemblea Xeral Extraordinaria



A Asociación Sociocultural HELETES de Limiñón, trala reunión da súa xunta directiva o día 15 de setembro de 2018, convoca aos seus socios á ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA que se celebrará o domingo 30 de  setembro de 2018 no local social de Limiñón, ás 17:30 en primeira convocatoria e ás 18:00 en segunda  convocatoria, coa seguinte

ORDE DO DÍA

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior
2. Información sobre as contas das festas de San Salvador e do San Campio
3. Excursión 12 de outubro
4. Presentación de nova redacción de estatutos
5. Rogos e preguntas

Prégase a asistencia e participación dos socios.

En Limiñón, a 15 de setembro de 2018
Paz-Trelles Sánchez, Secretaria

mércores, 12 de setembro de 2018

Visita cultural a Cambados e Combarro

Visitaremos ós golfiños da illa de Tambo, poderemos apreciar o fondo da ría en catamarán e aprender da industria do mar no parque de cultivo de mexillóns, ostras e vieiras, entre outras varias actividades.

 Ponte en contacto con nos en "as.heletes@gmail.com" para saber máis, contamos contigo!

luns, 9 de abril de 2018

Saida cultural a Marín ⚓️

 


Acompáñanos nesta viaxe do 25 de abril ó corazón do Morrazo!! 

Poñédevos en contacto a traves de "as.heletes@gmail.com" ou a través do perfil de facebook "Asociación Sociocultural Heletes"

xoves, 15 de marzo de 2018

A bailar!! 💃🕺



Non resulta necesario explicar os beneficios do baile para as nosas vidas, non dubides en chamarnos e aprende con nos!!